Un partido igualado onde o Lugo Sala soubo xestionar as ocasións e levarse os tres puntos nun final axustado
Cadete Preferente Masculina
Ribeira FS JDR Carpinteria vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 1–1
Resultado final: 2–3
Aliñación do Ribeira FS: Juan, Samuel, Pablo, Dani, Mario
Banco: Iago V, Nacho, Josete, Hugo, Juan, Josito, Bruno
Aliñación do Lugo Sala: Álvaro, Mateo, Xoel, Gabri, Antón
Banco: Lucas, Joao, Pepe, Sergio
Goleadores:
— Ribeira FS: Dani e Samuel
— Lugo Sala Acasti: Sergio e Antón 2
Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti comezou o derbi levando o ritmo do partido e xerando ocasións claras pero sen ser efectivos diante da portería. Os de Iago, co paso dos minutos, conseguiron ter o control do balón e adiantarónse grazas a un rechace. A igualdade entre ambos equipos foi a tónica ao longo da primeira metade, con momentos donde reinaba o caos. Co 1-0 chegouse ao descanso, o que deixaba aberto totalmente o partido para o segundo tempo.
Na segunda parte, os de Álvaro subiron a intensidade, e logo de dous goles a balón parado nos primeiros minutos, conseguiron poñerse por diante, ata o 1-3. O Ribeira FS non baixou os brazos e recurtou distancias, pero non foi suficiente, e o Lugo Sala soubo xestionar os últimos minutos do encontro para levarse os tres puntos.
Clave do partido:
A paciencia e a orde do Lugo Sala Acasti na segunda metade foron clave para dar a volta ao partido.
Frase de Miki:
«Partido igualado entre dous equipos que competiron e quixeron gañar a pesar de non xogarse nada.»
Frase de Iago:
«Non atopamos o noso xogo nin levamos o ritmo de partido que nos gustaría, cando reaccionamos foi tarde. Toca aprender e mellorar.»
Próximos enfrontamentos:
— O Lugo Sala Acasti xogará no subgrupo 1D da Copa, xunto con Galicia Gaiteira e Noia FS.
— O Ribeira FS xogará contra Lago Sport na Copa. No subgrupo 1A, no que tamén están O Parrulo e Caranza FS