Os lucenses compiten de ti a ti ante un gran rival, pero a falta de acerto final condena ao equipo nun encontro moi igualado.
Cadete Preferente Masculina
Lugo Sala Acasti Reformas vs 5Coruña
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 1-2
Alineación: Álvaro, Pepe, Antón, Xoel, Alan
Banquiño: Gabri, Mateo, Joao, Lucas
Goleadores: Lucas
Destacados da xornada: Álvaro, Xoel, Antón
Resumo do partido:
O encontro estivo marcado pola máxima igualdade desde o inicio. Nos primeiros 25 minutos houbo fases de dominio alterno e ocasións claras para ambos equipos, pero os porteiros e tamén os paus foron protagonistas, evitando que o marcador se movese en exceso. O Lugo Sala conseguiu adiantarse, pero puido ampliar a vantaxe antes do descanso. Na segunda metade mantívose a mesma dinámica, cun equipo lucense que non foi quen de pechar o partido pese ás súas ocasións, atopándose cun porteiro visitante moi acertado. Pola súa banda, o 5Coruña tamén se atopou cun gran Álvaro baixo paus, que sostivo aos de Miki durante moitos minutos. A falta de seis minutos, unha contra permitiu aos visitantes igualar o marcador. Nos instantes finais, con ambos equipos cargados de faltas e opcións para os dous lados, outra acción rápida decantou o partido para os herculinos. O Lugo Sala aínda tivo o empate nas súas botas, pero o marcador xa non se movería.
Clave do partido: Xerar demasiadas transicións en contra por non estar xuntos e ordeados nas segundas xogadas, así como a falta de finalización de cara a gol.
Frase de Miki:
«Partido moi igualado en todos os sentidos, donde de esta volta caeu para o rival.»
Próximo enfrentamento:
O Lugo Sala viaxa ás Pontes para medirse co Lagosport, último clasificado, nun encontro no que buscará romper a mala racha de tres partidos sen gañar.