Connect with us

Fútbol Sala

O Lugo Sala Acasti Reformas cae na sexta xornada da División de Honra Xuvenil, ante o Valladolid

Os lucenses fixeron un gran encontro e chegaron a mandar 3-1, pero varios erros puntuais permitiron ao conxunto castelán darlle a volta ao marcador.

Xuvenil División de Honra – Gr. 1
Lugo Sala Acasti Reformas – Valladolid Sport Sala
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 3-5
Aliñación: Adri, Rión, Braisete, Iago N., Sanfiz
Banquiño: Álex, Yagolin, Rodrigo, Maikol, Aitor, Javi, Dela
Goleadores: Dela, Javi, Rión
Xogadores destacados: 1-Iago N. 2-Javi, 3-Rión

Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas asinou un dos seus partidos máis completos da tempada, aínda que o resultado final non fixo xustiza ao esforzo realizado. O encontro comezou cun golpe inicial dos visitantes, que se adiantaron moi cedo nun balón longo directo á área. Lonxe de baixar os brazos, o conxunto dirixido por Christian reaccionou con personalidade, dominando o xogo e xerando múltiples ocasións de perigo. O bo traballo ofensivo tivo premio, e os lucenses conseguiron remontar para marchar ao descanso con 2-1 a favor, un resultado que mesmo quedou curto polos méritos amosados.

Na segunda metade, o equipo de Christian mantivo o mesmo nivel competitivo e ampliou a vantaxe cunha boa acción de ataque posicional que supuxo o 3-1. Con todo, un erro en saída de balón meteu de novo ao Valladolid no partido. Os visitantes aproveitaron o momento para empatar cunha rápida transición e, pouco despois, adiantarse cunha acción individual de moita calidade. O Lugo Sala intentou buscar o empate co xogo de cinco, pero o rival aproveitou unha perda para sentenciar cun gol a portería baleira, deixando o marcador final en 3-5.

Clave do partido:
O Valladolid soubo castigar os erros locais nos momentos clave e aproveitar as súas poucas ocasións para remontar.

Frase do adestrador, Christian:
«Partido moi completo do equipo durante case todo o encontro, pero o rival aproveitou os nosos erros para levarse os puntos.»

Próximo rival:
O Lugo Sala Acasti Reformas visitará ao 5 Coruña, nun duelo de máxima esixencia no que buscará coller á senda dos resultados positivos e transformar as boas sensacións en puntos.

Advertisement