Vitoria práctica a domicilio para prolongar a mellor racha da categoría
Alevín Preferente Masculina
Carlin Lujo Lago Sport – Acasti Reformas Lugo Sala
Resultado ao descanso: 0-4
Resultado final: 1-7
Aliñación: Nico, Rafa, Miguel M., Mateo V., Oli
Banquiño: Xabi, Quiroga, Otero, Brais, Enzo, I. Villamor, Iago
Goleadores: Oli (2), Quiroga (2), Rafa, Enzo, Mateo V.
Destacados da xornada: Quiroga, Mateo V., Nico
Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas sumou tres novos puntos a domicilio tras superar con claridade ao Lago Sport nun partido que non foi especialmente brillante, pero si moi efectivo. Os visitantes comezaron ben, poñéndose por diante cun 0-2 grazas a dúas accións de estratexia. O rival apostou por unha defensa en media pista buscando o roubo e a transición rápida, e o Lugo Sala tivo paciencia, aínda que por momentos o ritmo foi baixo e o equipo non estivo todo o fino que acostuma.
A pesar diso, chegaron boas accións colectivas como a do 0-3, culminada por Enzo, e pouco despois Quiroga asinou o 0-4 cun potente disparo á escuadra coa súa perna menos hábil. Os das Pontes apenas xeraron perigo na primeira metade, e o marcador reflectía a superioridade visitante ao descanso.
A segunda parte seguiu un guión similar. O rival alternou momentos de presión máis alta con fases de espera, e os lucenses tiveron algunhas perdas evitables froito da falta de tensión. O único gol local chegou nun desafortunado tanto en propia porta tras un saque de banda. Lonxe de complicarse, o equipo reaccionou, recuperou o control e ampliou novamente a diferenza ata o 1-7 final. Un encontro que tamén serviu para repartir minutos e seguir facendo medrar ao grupo.
Con este triunfo, o Lugo Sala Acasti Reformas consolídase como o equipo máis en forma da categoría, encadeando xa 12 vitorias consecutivas.
Próximo enfrontamento: Na vindeira xornada, os de Miguel Muñoz recibirán en Lugo ao Troula Betanzos, coa intención de manter a racha e seguir igual de fortes como locais, donde aínda non perderon ningún punto.