O xuvenil Masculino compite en Culleredo e asinou unha segunda metade máis sólida.
O xuvenil Masculino do Millavén CP Lucense caeu na súa visita ao Culleredo, líder da competición, nun encontro que tivo dúas partes ben diferenciadas. Os primeiros compases estiveron marcados pola igualdade, cun intercambio constante de goles e alternativas no xogo.
Porén, a partir do minuto quince os locais incrementaron o seu ritmo e aproveitaron mellor as súas ocasións, tomando o mando do encontro. Esa superioridade traduciuse nunha ampla vantaxe ao descanso (21-12), que condicionou o desenvolvemento posterior do choque.
Na segunda metade, Millavén volveu ofrecer unha imaxe máis competitiva. A igualdade regresou á pista e os lucenses lograron gañar o parcial (9-10), mostrando maior consistencia defensiva e mellorando o seu acerto ofensivo. A pesar do esforzo, a renda acumulada na primeira parte fixo que o marcador final quedase no 30-22.
No plano individual destacou con claridade Adri, autor de 13 goles, principal referencia ofensiva do equipo. Tamén contribuíron Rodrigo (3), Amir (2) e Álvaro, David, Hugo e André (1 cada un), nun partido no que Martín e Alex defenderon a portería.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín e Alex; Miguel, Álvaro (1), Adri (13), David (1), Hugo (1), Rodrigo (3), Víctor, Brayan, André (1) e Amir (2).