División de Honra Xuvenil
Lugo Sala Acasti Reformas vs Noia Portus Apostoli
Resultado ao descanso: 0-2
Resultado final: 0-5
Aliñación titular (Lugo Sala Acasti Reformas): Adrián Fernández López – Anxo Veiga González – Diego Pérez Caloto – Pedro Fernández López – Javier García Arrojo
Banquiño: Sergio Vila Candal – Iago Núñez Pereira – Hugo Sanfiz Álvarez – David Dorado Marqués – Manuel José de la Torre Illán – Álex Andrés Rion Vázquez
O líder da categoría visitaba Lugo e, pese ao resultado final, o Lugo Sala Acasti Reformas plantou cara dende o primeiro minuto. O equipo dirixido por Jose mostrou moita personalidade e chegou con claridade á área rival en varias ocasións. A superioridade en xogo non se traduciu en goles, e o Noia, con dúas accións cargadas de fortuna, conseguiu marchar ao descanso cun 0-2 no marcador. A eficacia visitante foi decisiva nos primeiros vinte minutos.
A reanudación seguiu cun guión similar, Lugo Sala volcado, pero sen acerto de cara a porta. Nada máis comezar, o Noia ampliou a vantaxe cun terceiro tanto que puxo costa arriba o partido para os locais. O esforzo dos lucenses foi encomiable, xerando ocasións para recortar distanzas, pero a muralla defensiva do Noia e a falta de puntería impediron o gol. Xa nos minutos finais e cun xogo de cinco, dous erros condenaron ao equipo local que encaixou dous goles máis, pechando o marcador nun contundente 0-5.
Os tres mellores do partido;
3 puntos: Javier García Arrojo
2 puntos: Anxo Veiga González
1 punto: Hugo Sanfiz Álvarez
Clave do partido
A falta de acerto nas ocasións claras e a fortuna do Noia nos seus primeiros goles fixeron que Lugo Sala non puidese manterse no encontro con opcións ata o final.
Próxima xornada
O Lugo Sala desprazarase a Benavente para xogar contra o conxunto local, Benavente F.S., na penúltima xornada da liga.