Un inicio complicado marcou un encontro no que o Noia foi superior e castigou os erros do Ribeira.
División de Honra
Noia Portus Apostoli – Ribeira FS Sibuscascoche
Resultado ao descanso: 5-0
Resultado final: 10-2
Alineación: Hugo Sánchez, Saúl, David, Héctor, Miguel
Banquiño: Pablo Dorado, Dani, Marco, Mateo, Iago, Álvaro, Iker
Goleadores: Saúl (2)
Resumo do partido:
O encontro comezou bastante igualado, con posesións longas do Noia que non xeraban excesivo perigo e ataques rápidos do Ribeira, que dispuxo dun par de ocasións claras nos primeiros minutos. Porén, aos cinco minutos, un erro na saída de balón e unha boa acción individual do conxunto local puxeron o 2-0 no marcador e deixaron o partido moi costa arriba para os visitantes. A partir dese momento chegaron minutos de asedio do Noia, cun Ribeira que se veu abaixo, e nun saque de esquina chegou o 3-0. A pesar de que os lucenses intentaron reaccionar, o marcador seguiu aumentando ata chegar ao 5-0 ao descanso.
Na segunda parte, os de Pablo, que chegaban a este partido tras seis vitorias consecutivas, intentaron apertar un pouco máis o marcador, e Saúl culminou un contragolpe para poñer o 5-1. Co porteiro xogador, os visitantes trataron de reducir diferenzas, pero un roubo do Noia acabou co 6-1 a porta baleira. A partir de aí, o encontro foi perdendo intensidade, cun lider que dominou o xogo e foi mellor en todos os aspectos, ata pechar o marcador cun contundente 10-2.
Clave do partido:
Poñerse por detrás tan cedo no marcador fixo que o Ribeira FS tivese moi poucas opcións de meterse no partido.
Frase de Pablo Díaz:
«Mal partido en lineas xerais contra o mellor equipo da categoria, borron e conta nova para volver a dar a nosa mellor version.»
Próximo enfrentamento:
Os pupilos de Pablo Díaz reciben na vindeira xornada ao Valladolid Sport Sala, que chega tras encadear catro partidos consecutivos sen gañar, nun encontro clave para recuperar sensacións.