Connect with us

Fútbol Sala

O Infantil masculino de Casás non da tregua e vence ao AD Codima con autoridade

O equipo de Frei mantense firme na loita polo podio tras unha gran demostración de xogo.

Infantil Preferente Masculina
AD Codima 2 – 11 Casás
Resultado ao descanso: 2 – 5
Resultado final: 2 – 11

Aliñación: Peska, Vilor, Ángel, Ossian, Telmo
Banquiño: Dani, Gayoso, Varela, Nico López, Sebas
Goleadores: Telmo, Ossian (x2), Nico Varela, Ángel (x3), Dani (x3), Gayoso.

Destacados da xornada:

  1. Ossian
  2. Ángel
  3. Vilor

Resumo do partido:
O Casás asinou unha actuación impresionante ante un AD Codima que, a pesar dos esforzos, non puido facer fronte á intensidade dos de Frei. Durante a primeira parte, o equipo dominou en todas as facetas do xogo, pero dous pequenos despistes defensivos permitiron que o rival se achegara con dous goles antes do descanso, deixando o marcador 2 – 5. Con todo, ao inicio da segunda parte, o equipo se reactivou, mostrando un xogo moito máis sólido e combinativo, o que lles permitiu ampliar a vantaxe ata chegar a un claro 2 – 11 ao final do encontro.

Clave do partido:
A seriedade e a concentración durante todo o encontro foron fundamentais para asegurar a vitoria.

Expulsión:
Telmo

Frase de Frei:
» Las ganas de este grupo son muy grandes y estamos muy contentos con eso»

Próximo rival:
O próximo encontro será contra o 5 Coruña, un equipo cunha gran calidade, pero o Casás presentaráse preparado para seguir loitando polos primeiros postos da clasificación.

Advertisement