Connect with us

Balonmán

O Infantil Feminino do Millavén enlaza a terceira vitoria consecutiva

Control, eficacia e madurez para superar ao BM Brigantium nun encontro ben xestionado.

O Infantil Feminino do Millavén CP Lucense continúa coa súa boa dinámica e sumou o terceiro triunfo seguido tras impoñerse ao BM Brigantium nun partido no que levou a iniciativa practicamente de principio a fin. As lucenses mostraron solidez nas dúas áreas e souberon administrar os tempos do encontro con criterio.

Desde os primeiros minutos, Millavén conseguiu marcar pequenas diferenzas grazas ao seu acerto ofensivo e ao traballo defensivo, o que lle permitiu chegar ao descanso cunha vantaxe de 13-10. A superioridade non foi ampla, pero si constante, impedindo que as visitantes se sentisen cómodas sobre a pista.

Na segunda metade, o Brigantium tentou darlle a volta ao marcador, mais as lucenses mantiveron a calma e souberon xestionar a renda sen perder o control do xogo. A madurez competitiva do equipo resultou clave para conservar a vantaxe ata o definitivo 23-20, certificando unha nova vitoria.

En ataque volveu brillar Lola, autora de 14 goles, auténtico referente ofensivo do equipo. Tamén contribuíron Aicha (5) e Lina (4), nun encontro no que Aldara e Valentina se repartiron a portería e no que o resto do grupo —Xiana, Carlota, Natalia, Iria e Jimena— achegou traballo e compromiso colectivo.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Aldara e Valentina; Xiana, Lina (4), Aicha (5), Lola (14), Carlota, Natalia, Iria e Jimena.

Árbitros: Alfonso Canitrot e Sara Gómez.

Advertisement