Os de Álvaro amosaron madurez, paciencia e bo xogo para sumar unha vitoria clara antes do parón
Infantil Preferente Masculina
Lugo Sala Acasti Reformas vs. Narón O Freixo
Resultado ao descanso: 4-1
Resultado final: 6-2
Alineación: Asier, Villa, Enzo, Pedro, Nuno
Banquiño: Iker Rojo, Iker Ramos, Gael, Erik, Antón
Goleadores: Enzo, Villa (3), Iker Rojo, Erik
Destacados da xornada: Villa, Nuno, Enzo
Resumo do partido:
O encontro comezou cun Narón ben colocado en media pista, o que dificultou nos primeiros minutos a circulación de balón do Lugo Sala e a xeración de ocasións claras. A pesar diso, o equipo mantivo a calma e, unha vez que conseguiu abrir o marcador, foi collendo confianza e asumindo o control total do xogo. Co paso dos minutos, os locais impuxeron o seu ritmo, movendo o balón con criterio e chegando con perigo á área rival, o que se traduceu nun marcador claro ao descanso.
Na segunda metade, o guión foi similar. O Narón deu un paso adiante en defensa e tentou meter dúbidas ao Lugo Sala, chegando a achegarse no marcador. Porén, o equipo local non perdeu a orde nin a paciencia, respondeu con bo xogo colectivo e, tras o quinto gol, volveu ser claramente superior. Os lugueses xestionaron ben os últimos minutos, ampliaron a vantaxe e pecharon o encontro cun 6-2 que reflicte a súa solvencia e o bo traballo realizado ao longo de todo o partido.
Clave do partido: A paciencia para atacar unha defensa pechada e saber esperar o momento axeitado para facer dano.
Próximo rival: O Lugo Sala Acasti Reformas remata o ano 2025 con boas sensacións antes do parón polas festas. Á volta da competición, espera un derbi ante o Casás, nun partido que promete emoción e intensidade.