Connect with us

Fútbol Sala

O infantil do Casás cae con honra nun duelo esixente ante o 5 Coruña FS

O conxunto de Frei competiu con intensidade a pesar das baixas e da superioridade física do rival.

Infantil Preferente Masculina
Casás – 5 Coruña FS
Resultado ao descanso: 0 – 2
Resultado final: 0 – 5

Aliñación: Peska, Vilor, Ángel, Ossian, Nico V
Banquiño: Dani, Nico López, Sebas

Destacados da xornada:

  1. Ossian 2.  Ángel 3.  Peska

Resumo do partido:
Choque de altos voos entre o terceiro clasificado, Casás, e o segundo, 5 Coruña FS. O equipo de Frei afrontou o encontro con poucos efectivos, pero iso non lle restou ambición nin intensidade. A primeira metade estivo marcada pola igualdade absoluta, con dous equipos entregados en cada duelo e mantendo un ritmo altísimo en todo momento. Porén, dous erros puntuais dos lucenses foron castigados con goles, mentres que Casás non logrou atopar fortuna de cara á portería rival, chegando ao descanso cun 0-2 que non reflectía todo o traballo realizado en pista polos de Frei.
Na reanudación, os lucenses saíron con forza e decisión, buscando recortar distancias, pero o poderío físico do 5 Coruña e a escaseza de efectivos dispoñibles pesou co paso dos minutos. O rival soubo aproveitar a súa frescura e ampliou a vantaxe ata o 0-5 final, un marcador demasiado severo para o esforzo colectivo dos pequenos do Casás.

Frase de Frei:
«Gran actitud de este equipo que no deja de sorprendernos.»

Próximo rival:
O seguinte compromiso será fronte ao Lago Sport, un encontro no que Casás buscará volver á senda da vitoria e seguir firme na parte alta da táboa.

Advertisement