Connect with us

Fútbol Sala

O infantil de Lugo Sala pechou a tempada nos cuartos de final da Copa

Os lucenses loitaron ata o final, pero non puideron frear a efectividade do rival herculino

Infantil Preferente- Copa Galicia, Cuartos de Final
Lugo Sala Acasti – 5 Coruña
Resultado ao descanso: 1-4
Resultado final: 3-10

Aliñación: Iker, Pedro, Villa, Enzo, Asier
Banco: Dani Lombardero, Nuno, Erik, Uriel, Gael
Goleadores: Enzo, Iker e Pedro

O Lugo Sala Acasti iniciou o encontro con boas sensacións, logrando incluso adiantarse no marcador tras un bo roubo de balón. Durante os primeiros minutos, os lucenses amosaron intensidade e control do xogo, xerando varias ocasións. Con todo, a partir do 1-1, o 5 Coruña impuxo o seu ritmo e aproveitou cada perda de balón do Lugo Sala para rematar en gol, o que provocou que ao descanso o marcador reflectise un 1-4 claramente a favor do rival.

Na segunda metade, os de Álvaro tiveron un comezo complicado, e a diferenza no marcador continuou aumentando a medida que o rival aproveitaba calquera erro defensivo. A pesar de estar por detrás e coa presión de xestionar un resultado adverso, os rapaces mostraron carácter e lograron marcar dous goles que, se ben non cambiaron o resultado, lles permitiron maquillar o marcador e pechar o partido cun 3-10 final. O encontro deixou claras as fortalezas do rival en efectividade e precisión, pero tamén a entrega e o esforzo do Lugo Sala Acasti, que nunca deixou de loitar, ofrecendo unha boa imaxe colectiva ata o fúltimo minuto da tempada.

Frase de Álvaro:
«Gran temporada, gracias por el esfuerzo a todos.»


Remata a tempada para os infantís do Lugo Sala, que pechan cun sexto posto en Liga e os Cuartos de final da Copa Galicia.

Patrocinio