Connect with us

Fútbol Sala

O infantil A do Ribeira impón o seu xogo ante Meigallos

As de Luna sumaron un novo triunfo sólido nun encontro ben traballado, no que dominaron o balón e mostraron boas sensacións colectivas.

Preferente Infantil Feminina
Ribeira FS 11teamsports A – Meigallos

Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 5-1

Aliñación: Leire León, Laura Álvarez, Shaila Barreiro, Alba Varela, Tania López
Banquiño: Sara Díaz, Aurora García, Aldara López, Irene de La Santísima Trinidad
Goleadoras: Tania 1-0, Daniela 2-0, Shaila 3-0, Tania 4-1, Laura 5-1
Destacadas da xornada: Leire, Laura, Tania

Resumo do partido:
O Ribeira FS 11teamsports A entrou moi ben ao partido, dominando a posesión desde o primeiro minuto e xerando ocasións con continuidade. Ese bo inicio traduciuse axiña no marcador, permitindo ás locais coller confianza e instalarse no campo rival. AS sarriás do Meigallos realizaron un gran traballo defensivo, dificultando moito as accións nos últimos metros, pero aínda así o Ribeira conseguiu ampliar a vantaxe ata o 3-0. Case ao fío do descanso, unha acción mal defendida permitiu ao rival recortar diferenzas. Na segunda metade, as capitalinas mantiveron a intención de seguir construíndo xogo e mellorar aspectos como a estratexia. As incorporacións ofensivas de Leire sorprenderon a Meigallos e foron clave para sentenciar o encontro, chegando dous goles máis que pecharon un marcador xusto. Partido limpo, con bo ambiente e boa imaxe por parte dos dous equipos.

Clave do partido: Mellorar o ritmo e a toma de decisións

Frase de Luna:
“Contenta porque creo que estamos no mellor nivel da tempada pero sabemos que temos que continuar traballando e esforzándonos, sobre todo en ser disciplinadas a balón parado.”

Próximo enfrontamento:
O Ribeira FS 11teamsports A xogará a vindeira xornada como local fronte ao 5 Coruña, nun partido no que buscará seguir medrando como equipo.

Advertisement