A pesar dunha boa primeira parte, a falta de enerxía na segunda metade deu a victoria ao Troula.
Cadete Preferente Masculina
A Piringalla Bar O Cruce vs. Troula Betanzos
Resultado ao descanso; 2-3
Resultado final; 2-9
Aliñación; Alejandro, Roni, Adri, Sais, Araujo
Banquiño; Adrián, Nico, Mario, Aira
Goleadores; Roni e Adri
Resumo do partido
A Piringalla Bar O Cruce competiu de forma moi sólida na primeira metade contra un rival superior. A pesar de non ter practicamente o balón, o equipo local defendeu moi ben e tivo varias ocasións para marcar. Lamentablemente, dous dos tres goles do Troula Betanzos foron derivados de erros defensivos que puxeron por diante aos visitantes, pero os de Rober conseguiron recurtar a diferenza co gol de Adri e mantiveron o marcador axustado, chegando ao descanso cun 2-3 que os tiña metidos no partido.
Na segunda parte, os lucenses tentaron saír igual de motivados, pero a falta de enerxía tralo esforzo da primeira metade pasou factura. O 2-4 dos betanceiros foi clave, e aí, os locais perderon gran parte das opcións de remontada, o que fixo que o rival ampliase a súa vantaxe até o 2-9 final. A Piringalla non conseguiu concretar as ocasións que tiveron na segunda parte, o que fixo que o marcador se fixese máis amplo do que realmente reflicte o esforzo do equipo local.
Clave do partido;
O acerto de cara ao gol na segunda metade foi determinante para o resultado final.
Frase de Rober;
«Partido moi competido do equipo contra un rival superior ao que lle plantamos cara, unha pena que na segunda parte non conseguimos meter ningunha das que tivemos para que o marcador reflexase a realidade do partido.»
Próximo enfrontamento;
O próximo partido será un derbi contra o Lugo Sala, no que se espera moita intensidade, emoción e fútbol sala de calidade.