Connect with us

Balonmán

O físico mariñao desnivelou o derbi provincial infantil ante Millaven

Infantil Masculino: BM Viveiro 33 – Millaven CP Lucense 11

O infantil masculino do Millaven CP Lucense non puido con un BM Viveiro superior no derbi provincial. O conxunto mariñano aproveitou a súa maior capacidade física e unha alta intensidade para controlar o partido desde o inicio.

Os capitalinos víronse con problemas en ataque na primeira metade, chegando ao descanso cun marcador adverso de 17-3. Na segunda parte, melloraron lixeiramente, acadando 8 tantos, pero a brecha xa era insalvable. O resultado final, 33-11, reflicte o dominio local e deixa ao Millaven con aprendizaxes valiosas para seguir mellorando.

Breixo, con 5 goles, e Ian, con 2, foron os xogadores máis destacados nun equipo que segue buscando o seu mellor nivel ante rivais esixentes.

Millaven CP LUCENSE 11 (3+8): Martín y Rayan; Óscar (1), Nuno, Ernesto (2), Andrés, Breixo (5), Ian (2), Aryan, Hugo y Nico (1).

•David :”LA DIFERENCIA FÍSICA MARCÓ LA DIFERENCIA”.

Patrocinio