O Ribeira tivo as mellores ocasións, pero o porteiro rival foi un muro
Infantil preferente Masculina
O Esteo vs Ribeira Meizoso Fernández
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 2-2
Aliñación: Dani Prieto, Hugo Jartín, Alex Freire, Hugo Álvarez, Martín Ferreiro
Banquiño: Pablo Arias, Unai Vázquez, Pablo Piñeiro, Matías, Alberto Durán, Bruno
Goleadores: Hugo Jartín, Pablo Arias
Destacados da xornada: 1-Martín Ferreiro 2-Hugo Jartín 3-Alex Freire
Resumo do partido:
O Ribeira Meizoso Fernández logrou un empate no seu encontro fronte ao Esteo, o primeiro punto perdido na tempada. Comezaron o partido dominando, xerando ocasións dende os primeiros minutos, pero un erro defensivo nos primeiros instantes deu ao Esteo o 1-0 cun disparo lonxano. O gol alentou ao Ribeira, que non tardou en igualar o marcador cunha gran xogada de Hugo Jartín. Seguiron apretando e creando ocasións claras, pero o porteiro rival estivo imparable e impediu que os lucenses se adiantasen. Noutra acción desafortunada, os locais conseguiron o 2-1 tamén tras un erro defensivo, e o Ribeira non puido máis que chegar ao descanso por detrás no eléctronico.
Na segunda metade, os de César mantiveron a súa boa dinámica e igualaron o marcador cun disparo forte de Pablo Arias . O partido volveuse un correcamiños, con ocasións para ambos equipos, pero o Ribeira non logrou marcar. Martín Ferreiro tivo un disparo a porta baleira que o porteiro do Esteo salvou de milagre, e logo unha ocasión en superioridade numérica non foi transformada en gol. Nos minutos finais, con ambos equipos con 5 faltas, houbo un dobre penalti para cada equipo, pero ningunha das dúas oportunidades foi materializada.
Clave do partido:
A gran cantidade de ocasións falladas na primeira parte e os goles do Esteo chegando tras dous disparos.
Frase de César:
«Partidazo o visto en As Pontes, nunha cancha moi difícil. Non podemos baixar a intensidade para seguir na cabeza da táboa.»
Próximo rival:
O Ribeira Meizoso Fernández xogará contra o Noia na próxima xornada.