Connect with us

Fútbol Sala

O derbi infantil feminino caeu do lado do Ribeira B

A maior efectividade visitante nos momentos clave marcou a diferenza nun encontro de igualdade no xogo

Infantil Galega Feminina
Casás vs Ribeira FS B 11teamsports
Resultado ao descanso: 1–3
Resultado final: 1–4

Aliñacións:
Casás: Alicia, Carla, Daniela, Sarai, Ximena
Ribeira FS B: Daniela Polo, Nerea, Cira, Andrea, Lola

Banquiños:
Casás: Ildara, Uxía, Noa Castro, Nerea, Noa López
Ribeira FS B: Daniela Quijada, Alba, Candela, Antía, Esther, Elena

Goleadoras:
Casás: Sarai
Ribeira FS B: Candela, Elena, Alba, é en propia porta.

Destacadas da xornada:
Casás: Noa López, Daniela, Ximena
Ribeira FS B: Nerea, Cira, Lola

Resumo do partido:
O derbi infantil feminino comezou cun ritmo alto e cunha igualdade notable tanto no xogo como nas ocasións. As de Casás estiveron ben plantadas sobre a pista e xeraron situacións de perigo, pero atoporarónse cunha clara falta de acerto nos metros finais. O Ribeira B, hoxe adestrado por César en sustitución de Luna, levou a iniciativa na posesión, presionou arriba e obrigou ás locais a xogar balóns longos que soubo controlar con solvencia. Nun tramo de cinco minutos moi acertados, o conxunto visitante logrou tres goles que lle deron tranquilidade no marcador. Nos últimos instantes da primeira metade, o Casás apertou máis e conseguiu recortar diferenzas, chegando ao descanso cun 1–3 que mantivo o partido aberto.
Na segunda parte, o Ribeira B apostou por controlar o encontro e minimizar erros defensivos. O Casás saíu con enerxía, volvendo xerar ocasións, pero a falta de efectividade e o bo traballo defensivo visitante impediron que se metese de cheo no partido. Mediado o segundo tempo, unha acción rápida pola banda rematou co cuarto tanto visitante, un gol en propia porta que deu aínda máis tranquilidade ao Ribeira B. A partir de aí, o cansazo acumulado do Casás e o control do xogo permitiron ás visitantes xestionar o tramo final ata o 1–4 definitivo.

Clave do partido:
A efectividade do Ribeira B nun tramo decisivo da primeira metade fronte á falta de acerto do Casás de cara a portería.

Frases dos adestradores:
Juan Carlos (Casás): “Darlle a noraboa a todas as nenas polo esforzo durante todo o partido.”
César (Ribeira FS B): “Gran traballo deste grupazo de nenas que compiten sempre a tope!! Hai que seguir nesta liña.”

Próximo enfrontamento:
— O Casás recibirá na próxima xornada ao Meigallos, buscando transformar o bo xogo en puntos.
— O Ribeira FS B medirase á Compañía de María co obxectivo de manter a súa liña competitiva.

Advertisement