As lucenses loitaron ata o final nun encontro condicionado polos erros defensivos e a expulsión de Nati.
FSF Castro Clínica García Rielo – Lugo Sala Frain
Cadete Preferente Feminino
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-2
Aliñación: Nati, Andre, Ale, Leire, Pete
Banquiño: Uxia, Marina, Cande, Nadia
Goleadoras: Andrea, Marina
Resumo primeira parte:
O Lugo Sala Frain entrou frío no encontro, e os primeiros minutos foron un auténtico calvario defensivo. En apenas catro minutos, o rival sumou sete finalizacións, aproveitando a falta de conexión das lucenses co xogo. A mellor versión chegou preto do minuto 18, coa figura de Marina liderando a presión e guiando o primeiro gol visitante. A pesar diso, os erros nas marcas e nas transicións defensivas fixeron que o equipo marchase ao descanso cun marcador adverso e algo curto para o visto sobre a pista.
Resumo segunda parte:
Na reanudación, as capitalinas melloraron en orde e actitude, pero o cansazo e a falta de claridade pasaron factura. As capitalinas aguantaron con oficio ata que unha serie de decisións arbitrais xeraron frustración e nerviosismo nas xogadoras de Luchi. A expulsión de Nati, a porteira, a sete minutos do final, acabou por sentenciar o partido. Aínda así, o equipo non baixou os brazos e seguiu competindo ata o derradeiro segundo.
Xogadoras destacadas: Marina, Cande e Ale
Clave do partido: Os duelos individuais e a dificultade para impoñerse neles nos momentos clave.
Frase de Luchi: “Non acostumo a queixarme do traballo arbitral, e non perdemos por iso. Pero, creo que algo facemos mal cando a metade das miñas xogadoras pasan chorando, de rabia e frustración, desde o minuto 10 da segunda parte.”
Próximo enfrontamento: O Lugo Sala Frain, recibe en Lugo ao Narón O Freixo, no que se espera un dos duelos máis emocionantes da vindeira xornada da Liga Cadete Feminina.