clubs e asociacións deportivas federadas poderán presentar as súas peticións, vía telemática e por rexistro, á Concellería de Xuventude e Deportes, ata o vindeiro 30 de maio.
O edil desta área, Jorge Bustos, sinala que “desde o Goberno Local seguimos a apostar polo deporte base poñendo á súa disposición as instalación públicas”.
O Goberno Local abrirá mañá, día 15, o prazo para presentar as solicitudes de utilización gratuíta das instalacións municipais a todos os clubs e asociacións deportivas federadas, de cara á tempada 2025-2026. Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, quen sinalou que “un ano máis o Concello de Lugo porá a disposición destas entidades as máis de 30 instalacións deportivas con que conta o municipio para a súa utilización gratuíta, nunha clara aposta pola promoción do deporte de base e das categorías inferiores”.
Os clubs e asociacións deportivas federadas interesadas en facer estas peticións, poderán realizala ata o vindeiro día 30 de maio, vía telemática, e por Rexistro Xeral á Concellería de Xuventude e Deporte. Para iso haberá que cubrir o modelo 801, dispoñible na web do Concello de Lugo, no enlace:
https://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2019/11/801cast_solic_de_instalacion_deportiva.pdf
orge Bustos lembra que “as máis de 30 instalacións das que dispón o Concello de Lugo son esenciais para garantir o labor dos clubs e das asociacións municipais e o seu traballo coa canteira, de aí que o seu mantemento e conservación sexa unha das nosas prioridades. Mantelas en condicións adecuadas para os adestramentos e torneos supón un orzamento de case dous millóns de euros anuais, dentro do Plan Dinámico de Intervencións” que desenvolve o Executivo Local.
Gracias a estas actuacións, explica o edil de Deportes, “na actualidade uns cen clubs empregan as instalacións municipais, co que ademais se contribúe a inculcar hábitos saudables e favorecer o deporte base”.