Connect with us

Fútbol Sala

O Casás infantil feminino mantivo o tipo en Castro pese á diferenza no marcador

As capitalinas seguiron o plan previsto e amosaron compromiso e actitude nun partido no que o resultado non reflicte o seu esforzo.

FSF Castro – Casás
Infantil Preferente Feminina grupo B1
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 8-0

Aliñación: Cintia, Daniela, Carla, Sarai, Ximena
Banquiño: Alicia, Nerea, Noa López, Uxía, Marta

Resumo primeira parte:
O Casás seguiu o plan trazado no vestiario, defendendo con orde e cunha actuación espectacular da gardameta Cintia, que mantivo o equipo dentro do partido durante moitos minutos. Algúns erros inocentes custaron goles que fixeron máis dano no marcador do que no xogo.

Resumo segunda parte:
Co paso dos minutos, o cansazo empezou a notarse e o equipo foise desfondando pouco a pouco. Aínda así, as xogadoras lucenses non baixaron os brazos e seguiron competindo con entrega ata o final.

Destacadas: Cabe destacar a Cintia, pero o compromiso de todo o equipo, é inconmensurable.

Clave do partido: Erros moi simples castigaron en exceso ao Casás, nun encontro no que o marcador non reflicte o bo traballo realizado.

Frase do adestrador Juan Carlos: “Encantado co traballo de todas as nenas. Temos que confiar e seguir traballando nesta liña. O obxectivo… sempre formar e divertirse xogando.”

Próximo enfrontamento: Os Meigallos esperan a próxima fin de semana, en Lugo.

Advertisement