Casás aproveita as súas ocasións e leva un derbi igualado onde a súa efectividade decidiu o resultado
Alevín Preferente Masculina
Ribeira FS Autocares Álvarez vs Casás
Resultado ao descanso: 1–1
Resultado final: 2–4
Aliñación (Ribeira FS): Iker , Luca Bande, Manu Murado, Martín Ferreiro, Pablo Rodríguez
Banquiño (Ribeira FS): Luka Revalderia, Mauro Bande, Arthur, Aaron Peinado, Eric Marqués, Fabio Álvarez
Aliñación (Casás): Eloi, Raúl, Pablo Arias, Enzo, Dani
Banquiño (Casás): Alex, Andrea, Nico
Goleadores:
Ribeira: Luka Revalderia e Manu Murado
Casás: Alex, Dani, Nico, Pablo
Destacados da xornada:
Casás: Dani, Raúl, Alex
Ribeira FS: Manu Murado, Martín Ferreiro, Luka Revalderia
Resumo do partido:
O derbi alevín comezou cun ritmo moi alto, cun Casás que se adiantou rapidamente no marcador grazas a un gol de Alex nos primeiros minutos. A pesar de gozar de varias ocasións claras para ampliar a vantaxe, o Casás non conseguiu materializalas, e foron os de César os quen, nos últimos minutos da primeira parte, lograron empatar nunha das poucas ocasións que tiveron.
A segunda parte foi tan intensa como a primeira, pero os pequenos de Frei non baixaron o ritmo e, cun xogo colectivo moi bo, conseguiron poñerse 1–2 cun gol de rechaze, e o 1-3 tras unha excelente xogada. O Ribeira, aínda intentando reaccionar, recortou distancias con outro gol, pero Alex selou a vitoria para o Casás cun gol nos últimos minutos, tras outra gran xogada colectiva. O marcador xa non se moveu ata o remate do partido, co Casás aguantando o resultado e o Ribeira intentandoo, pero xa sin forzas suficientes.
Clave do partido:
A capacidade do Casás para aproveitar as ocasións na segunda metade e pola contra as falladas polo Ribeira.
Frase de César (Ribeira FS):
«Outro gran partido sen premio, e a dinámica que nos está tocando vivir este ano.»
Frase de Frei (Casás):
«Darle la enhorabuena por la victoria a este gran grupo que no deja de crecer semana tras semana.»
Próximo enfrontamento (Ribeira FS):
O Ribeira FS xogará contra o 5 Coruña na súa próxima xornada, nun duelo contra un primeiros clasificados da liga.
Próximo enfrontamento (Casás):
O Casás xoga contra o Narón o Freixo na próxima xornada, un partido moi importante para a súa loita pola salvación.