Os lucenses non atoparon espazos ante unha defensa moi pechada e un porteiro rival en estado de graza.
Liga Preferente Cadete
Caranza FS – Casás
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 4-1
Aliñación : David, Isra, Erik, Xoel, Raúl
Banquiño : Iker, Adri, Kike, Hernán
Goleadores : Isra
Destacados da xornada: 1-Raúl, 2-Isra, 3-David
Resumo;
O Casás non conseguiu impoñer o seu xogo en Caranza nun encontro moi condicionado pola defensa ultra baixa do rival. O conxunto lucense iniciou o partido con pouca claridade e dous erros defensivos costáronlle os goles do Caranza, que se pechou nos dez metros impedindo xerar perigo real. Na segunda metade, os de Ángel Varela deron un paso adiante, mellorando a intensidade, a circulación e a actitude competitiva, pero o gran nivel do porteiro local e a falta de espazos fixeron que a reacción quedase curta. A pesar do esforzo final, o Casás non puido darlle a volta ao marcador e terá que centrarse agora en recuperar sensacións para o próximo compromiso.
Clave do partido:
A defensa moi baixa e ordenada do rival dificultou o ataque lucense durante todo o encontro.
Frase de Ángel:
«Gustoume a actitude dos rapaces; aínda perdendo, non baixaron os brazos. Quedamos coas cousas boas.»
Próximo rival:
O Casás viaxa a Santiago de Compostela para xogar contra o Laca Sicilia In Bocca