Connect with us

Fútbol Sala

O Casás asinou a primeira vitoria fóra da casa na Preferente infantil masculina

Os lucenses impuxéronse ao Meigallos cun 3-5 tras unha gran primeira metade e un esforzo defensivo final.

Infantil Preferente masculina
Meigallos FS – CP Casás
Resultado ao descanso: 0 – 3
Resultado final: 3 – 5

Aliñación: Martín González, Ossian, Hugo Gayoso, Telmo, Sebas.
Banquiño: Dani, Ángel, Nico Varela, Nico López.
Goleadores: Ossian (2), Ángel, Nico Varela, Hugo Gayoso.

Resumo primeira parte:
O Casás entrou moi serio ao encontro, dominando boa parte do xogo e controlando os tempos. Nos minutos finais o Meigallos apretou, pero os lucenses mantiveron a vantaxe grazas a unha defensa sólida e ordeada, chegando ao descanso cun claro 0-3.

Resumo segunda parte:
Na reanudación, o Meigallos apostou por unha presión alta que lle permitiu recurtar diferenzas, mais o Casás soubo manter a calma e seguir fiel ao seu plan. A pesar de acumular cinco faltas moi cedo e ter que defender situacións con porteiro-xogador, o equipo lucense mantivo o marcador e asegurou unha merecida vitoria.

Xogadores destacados: Ossian, Ángel, Telmo.

Clave do partido:
A boa actitude defensiva en momentos clave e o traballo colectivo do grupo.

Frase de Frei :
«Darlle a noraboa a todo o grupo polo traballo colectivo tanto defensivo como ofensivo».

Próximo enfrontamento:
CP Casás – Alto do Vento.

Advertisement