Os de César despedíronse da Copa tras un partido no que foron de menos a máis
Infantil Preferente – Copa, Oitavos de Final
Saraiba do Mar vs Ribeira Meizoso Fernández
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 5-1
Aliñación: Sergio (P), Hugo Jartín, Alex Freire, Pablo Piñeiro, Hugo Álvarez
Banco: Heitor, Carlos Raposo (P), Hugo Fontao, Bruno Díaz
Goleadores: Alex Freire
Destacados da xornada: 1. Hugo Jartín. 2. Pablo Piñeiro. 3. Hugo Fontao
O Ribeira Meizoso Fernández comezou enchufadísimo, movendo o balón rápido a 2-3 toques, e nunha gran xogada colectiva conseguiu adiantarse aos 2 minutos cun gol de Alex Freire. Con todo, ese gol relaxous aos de César, e tras dous erros graves, o Saraiba do Mar aproveitou e deu a volta ao marcador. Os lucenses seguían tentando dominar, pero o equipo local defendía moi xunto en 10 metros e saía rápido ás contras. Os visitantes fixeron varias ocasións claras, pero entre o porteiro e os paus non se puideron traducir en goles.
Na segunda metade, a intensidade baixou en excéso, e outro erro provocou o 3-1 para os pontevedreses. A partir de aí, o Ribeira non fixo ou seu caracterisco xogo combinativo, e levou o partido hacia as individualidades, e froito diso foron sorprendidos en dúas contras máis que fixeron o 4-1 e o 5-1 co que se chegou ao final do partido.
Clave do partido:
A excesiva individualidade e a falta de xogo colectivo dificultou que o Ribeira puidese reaccionar.
Frase de César:
«Toque de atención para o equipo que nos ten servir para mellorar cousiñas e seguir facendo o que fixemos todo o ano… XOGAR EN EQUIPO.»
próximos encontros:
No Campionato de España infantil masculino