Connect with us

Fútbol Sala

O campión de Liga despídese da Copa para centrarse no Campionato de España

Copa Alevín Masculina – Cuartos de final

5 Coruña F.S. – Ribeira F.S. Manto Maquinaria

Resultado ao descanso: 1-2- Resultado final: 3-2

Alineación titular: IKER – NACHO – SANTI – ADRIANO – HUGO ÁLVAREZ

Banquillo: BRUNO – LEO DOVAL – ROI – FABIO – LEO YAÑEZ – BRUNO TRASHORRAS

 A primeira metade comezou con moita igualdade no Pavillón Novo Mesoiro da Coruña, cun ritmo trepidante e ocasións para ambos equipos. O Ribeira F.S. Manto Maquinaria amosou a súa solidez habitual e conseguiu adiantarse no marcador no minuto 10, poñéndose 0-1. A resposta local chegou no 15, cando o 5 Coruña igualou o encontro. Con todo, o equipo adestrado por César non se deixou abater e, antes do descanso, conseguiu volver poñerse por diante cun gran gol que puxo o 1-2 no luminoso. Os lucenses marchaban aos vestiarios con vantaxe grazas á súa orde defensiva e contundencia arriba.

Á volta do descanso, o 5 Coruña saíu cun punto máis de intensidade e atopou pronto o empate, marcando o 2-2 no minuto 23. A partir dese momento, o encontro entrou nun tramo de moita tensión e alternativas, pero sen goles, grazas ás boas intervencións dos porteiros e a certos desacertos na finalización. O Ribeira buscou o triunfo con valentía e insistencia, pero a fortuna non estivo do seu lado. Cando todo apuntaba á prórroga, chegou o golpe final, os herculinos aproveitaron unha xogada illada para marcar o 3-2 a falta de menos de dous minutos. A pesar dos esforzos finais, os lucenses non puideron forzar o tempo extra.

O Ribeira F.S. Manto Maquinaria pon fin á súa brillante participación na Copa Alevín con só a segunda derrota no xeral da tempada. Agora, toca virar páxina e centrarse na gran cita do ano, o Campionato de España de Clubes, onde representarán a Galicia como campións galegos. Esta semana coñeceranse os rivais e a sede dun torneo que se celebrará os días 30 e 31 deste mes. Moita sorte, campións!

Patrocinio