Un bo segundo tempo dos lucenses non é suficiente para contrarrestar a renda inicial do BM Culleredo.
O Cadete Masculino do Millavén CP Lucense iniciou a segunda fase cunha derrota ante o BM Culleredo, nun encontro marcado polo peso da primeira metade. O conxunto visitante soubo aproveitar as facilidades defensivas do Millavén nos primeiros trinta minutos para abrir fenda no marcador e marchar ao descanso cunha clara vantaxe de 14-21.
A pesar das dificultades iniciais, o equipo lucense amosou carácter tras o paso polos vestiarios. Millavén incrementou a súa intensidade e asinou unha segunda parte máis produtiva, na que conseguiu 20 goles, reducindo a diferenza ata colocarse a só catro tantos en varias fases do encontro. Neses momentos, os lucenses tiveron opcións para achegarse aínda máis no marcador, pero a falta de acerto no lanzamento impediu culminar a remontada.
Co paso dos minutos, o BM Culleredo volveu atopar continuidade no seu xogo e soubo aproveitar os erros locais para ampliar de novo a súa vantaxe ata pechar o partido no definitivo 34-44. A pesar do resultado, a reacción do Millavén na segunda metade deixou sinais positivos de cara aos próximos compromisos.
No plano ofensivo destacou Brayan, máximo anotador do equipo con 13 goles, ben secundado por André (6) e Héctor (5). Tamén contribuíron ao marcador David (4), Óscar e Rodrigo (2), así como Breixo e Aryán (1), nun encontro no que Dani e Martín se repartiron a portería.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Dani e Martín; Óscar (2), Nuno, Héctor (5), Rodrigo (2), Andrés, David (4), Breixo (1), Brayan (13), Aryán (1), André (6), Ernesto e Manuel.
Árbitros: Nicolás Núñez e Jose López.