A pesar de dominar durante a maior parte do partido, os lucenses non logran ampliar a súa vantaxe e acaban perdendo nun final tenso.
Cadete Preferente Masculina
Lugo Sala Acasti Reformas vs Troula
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 1-2
Alineación: Álvaro, Mateo, Antón, Xoel, Gabri
Banquiño: Sergio, Pepe, Joao, Lucas, Pablo
Goleadores: Xoel
Destacados da xornada: Xoel, Antón, Pepe
Resumo do partido:
O Lugo Sala dominou durante toda a primeira parte, xenerando ocasións de maneira continuada, pero sen lograr ampliar a súa vantaxe. O Troula apenas chegou dúas veces á portería local, pero grazas ás boas intervencións do porteiro visitante e a falta de puntería do Lugo Sala, o resultado ao descanso só foi 1-0 cando a diferenza debería ser maior. Na segunda metade, o partido igualouse e Troula conseguiu competir á altura dos lucenses, empatando o encontro a falta de tres minutos. Nos últimos momentos, o encontro entrou nun intercambio de faltas e ocasións, que acabou decantándose a favor do Troula cun doble penalti a falta de seis segundos.
Clave do partido: Non haber aberto brecha a favor na primeira metade.
Frase de Miki:
«Nada que reprochar aos rapaces, partido de tú a tú e por momentos superiores a un gran equipo como é Troula, que vai segundo na clasificación.»
Próximo enfrentamento:
Os lucenses viaxan a Santiago de Compostela para xogar contra o CD Lacca Siccilia in Bocca.