Connect with us

Fútbol Sala

O Cadete da Piringalla queda sen premio pese ao seu gran esforzo ante o Caranza

A expulsión do porteiro marcou un encontro no que os lucenses competiron de ti a ti durante moitos minutos.

Cadete Preferente Masculina
A Piringalla Bar O Cruce vs. Caranza FS

Resultado ao descanso 0-1
Resultado final 1-4
Aliñación; Alejandro, Roni, Lucas Noel, Guerreiro, Araujo.
Banquiño; Aira, Adrián, Nico, Mario, Said.
Goleadores Lucas Noel.
Destacados da xornada Todos.

Resumo do partido
A Piringalla Bar O Cruce realizou unha moi boa primeira metade, na que foi superior ao rival en canto a xogo e ocasións creadas. Os xogadores de Rober xeraron múltiples chegadas perigosas, incluso con varios balóns que se estrelaron nos paus, mentres que o Caranza optaba por xogar de cinco. O equipo local estivo moi ben colocado en defensa, impedindo que o rival xerara situacións de superioridade e mesmo roubando balóns que estiveron a piques de converterse en gol. Nunha xogada illada, o Caranza conseguiu poñerse por diante no marcador, pero A Piringalla non baixou o ritmo nin a intensidade.
Nos últimos compases da primeira parte chegou a acción clave do partido, cunha man fóra da área do porteiro Alejandro a falta dun minuto para o descanso, que supuxo a expulsión e deixou ao equipo condicionado para o resto do encontro. Na segunda metade, pese ao mazazo anímico, A Piringalla saíu motivada e asumiu o protagonismo, dispoñendo das mellores ocasións. Nunha falta na frontal, o Caranza fixo o 2-0, e a partir de aí os lucenses apostaron polo porteiro-xogador para intentar reducir diferenzas. O risco non atopou recompensa e o rival ampliou a vantaxe ata o 4-0. Xa nos minutos finais, Lucas Noel conseguiu marcar o gol da honra, pechando un partido no que o marcador non reflicte o esforzo nin o traballo colectivo mostrado polos xogadores.

Clave do partido
A expulsión do único porteiro foi determinante no desenvolvemento do encontro.

Expulsión
Alejandro.

Frase de Rober;
«Muy orgulloso dos meus xogadores, que a pesar da mala sorte non baixa a cabeza e salen a pelear todos os partidos, son un orgullo para calquer persoa».

Próximo enfrontamento
A Piringalla Bar O Cruce afrontará un derbi lucense ante o Casás, nun partido moi importante para o devenir de ambos equipos nesta categoría.

Advertisement