Os lucenses impoñense ao BM Línea21 tras gañar tres dos catro cuartos disputados.
O Benxamín do Millavén CP Lucense regresou con moi boas sensacións do seu desprazamento a Novo Mesoiro, onde conseguiu unha vitoria ante o BM Línea21 nun encontro moi igualado e competido. O equipo lucense mostrou constancia ao longo do partido, sendo quen de gañar tres dos catro cuartos, un factor clave para inclinar o resultado ao seu favor.
A alternancia de fases no xogo non impediu que Millavén mantivese unha liña regular, aproveitando os momentos favorables para sumar puntos no marcador e xestionando con solvencia os parciais. O resultado final de 6-10 reflicte o bo traballo colectivo dun grupo que continúa progresando encontro a encontro.
O triunfo confirma a evolución do equipo, que segue medrando en experiencia e competitividade, deixando unha imaxe positiva tamén lonxe da casa.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Roi, Gianni, Brais, Mateo, Tiago e Marcos.