O Arenal Emevé xuvenil feminino sumou a súa segunda vitoria consecutiva na Primeira División, ao impoñerse por 2-3 na súa visita ao Pontevedra, nun encontro moi competido e con alternancias no marcador.
As lucenses comezaron con forza e dominaron con claridade os dous primeiros sets, que se resolveron por 11-25 e 17-25 a favor do Emevé. Porén, o Pontevedra reaccionou e conseguiu igualar o partido tras levarse o terceiro e o cuarto parcial por 25-23 e 25-13, forzando o tie-break.
No set decisivo, o Arenal Emevé recuperou o control e impúxose por 8-15, selando así o triunfo e mantendo o pleno de vitorias neste inicio de tempada, tras o 0-3 logrado na primeira xornada ante o Aceites Abril.
Na próxima xornada, o Emevé xuvenil feminino debutará como local na Casa do Deporte, onde recibirá ao Teis, equipo que tamén conta os seus partidos por vitorias nas dúas primeiras xornadas.