Connect with us

Voleibol

O Arenal Emevé infantil masculino impón o seu xogo e suma unha nova vitoria

Ciudad da Coruña 0 – Arenal Emevé 3

Primeira División Infantil Masculina
Parciais: 13-25 / 21-25 / 17-25

O Arenal Emevé completou unha actuación moi seria e de gran autoridade na súa visita ao Ciudad da Coruña, imponéndose por un claro 0-3 nun encontro no que o conxunto lucense volveu demostrar a súa progresión e o excelente momento de forma polo que atravesa.

O primeiro set marcou o camiño do partido: un Emevé concentrado, agresivo no saque e moi sólido no bloque levou o parcial por 13-25, dominando dende o inicio e minimizando as opcións ofensivas dos locais. A intensidade e a orde táctica permitíronlle ao cadro lucense manter sempre o control do xogo.

No segundo parcial, o Ciudad da Coruña mellorou as súas prestacións e mantivo a igualdade durante boa parte do set, pero o Emevé mostrou carácter, paciencia e boa lectura nas accións decisivas para pechalo por 21-25, exhibindo madurez competitiva.

O terceiro set reafirmou o bo nivel do equipo lucense: un xogo estable, con transicións moi limpas e unha defensa moi activa permitiron selar o encontro cun convincente 17-25. O Emevé mantivo a súa identidade ata o final, mostrando tanto compromiso colectivo como capacidade para xestionar vantaxes.

Con esta vitoria, o Arenal Emevé consolídase no cuarto posto, sumando tres triunfos e dúas derrotas, e encadeando dúas vitorias consecutivas, un dato que reflicte o bo traballo que está a realizar o grupo.

Na próxima xornada, o equipo lucense xogará na casa ante o Vigo, un rival que iniciou a liga con tres derrotas pero que, ao igual que o Emevé, chega en dinámica positiva tras dúas vitorias consecutivas, o que anticipa un duelo de alto nivel na Casa do Deporte.

Advertisement