O Arenal Emevé continúa o seu gran inicio de tempada na Primeira División Cadete Masculina, ao lograr unha nova vitoria por 0-3 na súa visita ao Club Voleibol Pontevedra.
O conxunto lucense, que debutara na liga cun triunfo a domicilio ante o Aceites Abril, confirmou as boas sensacións amosadas na primeira xornada cun partido moi sólido e dominado de principio a fin.
Os parciais reflicten o control do Emevé durante todo o encontro: 16-25, 10-25 e 10-25, nun duelo no que os lucenses impuxeron o seu ritmo e eficacia en ataque e servizo, sen dar opción ao equipo local.
Con este resultado, o Arenal Emevé mantén o pleno de vitorias no inicio de liga e consolídase nos postos altos da clasificación.