Connect with us

Voleibol

O Arenal Emevé alevín masculino, cuarto de Galicia

Os lucenses plantan cara na fase final e pechan a tempada entre os mellores

O Arenal Emevé finalizou na cuarta posición do Campionato Galego alevín masculino, nunha fase final na que participaron os catro mellores equipos da liga regular: o propio Emevé, o Ciudad de A Coruña, o Narón e o Pontevedra.

Nas semifinais, o conxunto lucense enfrontouse ao Ciudad de A Coruña, caendo por 0-2 nun encontro no que competiu con intensidade ante un rival moi sólido. No outro cruce, Pontevedra superou a Narón tamén por 0-2.

Xa na loita polo terceiro posto, o Arenal Emevé medíase a Narón nun partido moi disputado que se decidiu por 1-2 a favor do conxunto rival, deixando aos lucenses ás portas do podio autonómico.

Na gran final, o Pontevedra proclamouse campión galego tras vencer ao Ciudad de A Coruña por 0-2.

Malia quedar sen medalla, o Arenal Emevé pecha o campionato cunha meritoria cuarta posición, confirmando o seu lugar entre os mellores equipos de Galicia e completando unha tempada de crecemento e aprendizaxe nun escenario de máxima esixencia.

Patrocinio