Connect with us

Balonmán

O Alevín Mixto do Millavén resolve con autoridade ante o Xiria

O cadro lucense dominou os catro cuartos e asinan unha vitoria clara na mañá do sábado.

O Alevín Mixto do Millavén CP Lucense sumou unha nova vitoria tras impoñerse con claridade ao Xiria, nun encontro disputado na mañá do sábado no que o conxunto lucense levou a iniciativa desde o primeiro momento. Millavén mostrou un bo nivel de xogo e foi superior ao seu rival ao longo dos catro cuartos.

A constancia e o traballo colectivo permitiron aos lucenses controlar o partido en todo momento, vencendo en todos os cuartos disputados e reflectindo esa superioridade no marcador final de 4-12. O equipo mantivo a concentración durante todo o encontro, sen dar opcións ao conxunto rival.

O triunfo reforza a boa liña dun grupo que continúa medrando a través do xogo e da participación de todos os seus compoñentes, deixando de novo unha imaxe moi positiva.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Aldara, Sergio, Mario, David, Jairo, Carlota e Xiana.

Advertisement