No Pabellón Víctorine Le Dieu, en Valladolid, disputouse un encontro complicado para o RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE, que caeu derrotado ante o Valladolid Sport Sala por 5-0 na súa visita ao feudo rival, nun partido que correspondeu á División de Honra Xuvenil.
Resultado ao descanso; 1-0
Resultado final; 5-0
Alineación do RIBEIRA F.S. SIBUSCASCOCHE: 1. Cristian 2. Mateo 3. Saul 4. Xabi 5. Adrián
Banquiño: 6. Jorge 7. Xabi Tubio 8. Danilo 9. Mounir
A primeira parte comezou cunha gran intensidade por parte de ambos os equipos. Sen moitas ocasións claras de gol, a xente presente no pavillón presenciou varios disparos lonxanos por parte dos dous equipos, pero sen perigos inmediatos para os porteiros. Na metade deste primeiro tempo, os visitantes. estiveron a piques de adiantarse no marcador, cando Danilo, nunha excelente xogada individual, deixou a Adrián solo fronte ao porteiro rival, que se atopaba vencido. Sen embargo, o balón foi directo ao largueiro, unha ocasión que puido ser decisiva para os galegos. Pouco despois, nun erro defensivo grave por parte do equipo lucense, o Valladolid Sport Sala aproveitou para marcar o 1-0 que fixo que os equipos se retiraran aos vestiarios cunha diferenza mínima.
A segunda parte comezou de maneira desastrosa para o Ribeira F.S., que en tan só 9 segundos viu como os locais aumentaban a súa vantaxe con outro gol tras un córner ben executado. Este segundo tanto deixou aos xogadores lucenses algo tocados, e cando parecía que podían reaccionar, un claro penalti non pitado a favor dos galegos sobre Adrián, rematou cun terceiro gol do Valladolid Sport Sala. A partir deste momento, a moral do Ribeira caeu, e aínda que intentaron mellorar na recta final, a fatiga física e mental fixo que encaixaran dous goles máis, rematando o encontro cun 5-0 definitivo que reflexa a superioridade do rival na segunda parte.
Os tres mellores xogadores do equipo:
3 puntos: Danilo
2 puntos: Saul
1 punto: Adrián
Clave do partido:
O gol ao inicio da segunda parte fixo moito dano ao Ribeira F.S., que non puido recuperarse mentalmente tras ese gol tan cedo.
Declaración de César:
«Lastima de segunda metade tras unha primeira parte boa pola nosa parte. Hai que seguir pelexando.»
Con esta derrota, o Ribeira continúa loitando por escapar das últimas prazas da clasificación, e na próxima xornada xogará en Lugo contra o Inter Sala, un rival co que terán que sacar o mellor futbol sala, para intentar sair do descenso. Agora todos os partidos son como unha final para o equipo, que buscará saír dos tres últimos postos que levan ao descenso.