O Ribeira F.S. Manto Maquinaria continúa a súa imparable marcha na División Alevín Preferente Masculina despois de vencer de forma contundente ao Troula Betanzos F.S. por 6-1 no partido disputado no Pavillón de O Palomar en Lugo. Esta vitoria, , confírmase como o punto culminante dunha tempada que dende fai varias xornadas, xa se intuía que acabaría cun título para os rapaces do Ribeira. O equipo, dirixido por César e Cabanas, segue a demostrar un xogo exquisito e unha gran intensidade dende o inicio da liga.
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 6-1
Alineación do Ribeira F.S. Manto Maquinaria:
1. Iker | 2. Hugo Álvarez | 3. Leo Doval | 4. Adriano | 5. Santi
Banquiño:
6. Bruno | 7. Álex Muñoz | 8. Pablo Rodríguez | 9. Bruno Trashorras | 10. Iker Cobas
Goles:
Santi (2), Bruno Trashorras, Adriano (2), Leo Doval
Primeira parte:**
A primeira metade do encontro foi un recital por parte do Ribeira F.S. Manto Maquinaria. Dende os primeiros instantes, o equipo saiu ao campo con moita enerxía, enchufado ao máximo. Non pasaron máis de dous minutos cando o marcador xá amosaba un claro 2-0 grazas aos goles de Santi e Adriano, ambos cunha gran capacidade para chegar á portería rival. O ritmo continuou sendo elevado, cunha gran mobilidade do equipo, que xerou varias ocasións claras para ampliar a súa vantaxe. Finalmente, a primeira metade rematou cun terceiro gol de Leo Doval, deixando o marcador 3-0 ao descanso e sentando as bases dun partido practicamente sentenciado.
Segunda parte:
A segunda parte continuou cun dominio absoluto dos lucenses. que, sen baixar a intensidade, controlou o encontro de principio a fin. Os xogadores mantiveron o ritmo e ampliaron a súa vantaxe, facendo o 6-0 con goles de Santi, Adriano e Bruno Trashorras. O Troula Betanzos, ante a desventaxa considerable, arriscou xogando con porteiro xogador , o que lles permitiu lograr o gol de honra, fixando o 6-1 definitivo nos últimos minutos do encontro
Os tres mellores xogadores:
– 3 puntos: Adriano
– 2 puntos: Hugo Álvarez
– 1 punto: Leo Doval
A clave do partido:
O gran ritmo e a mobilidade impoñente do Ribeira F.S. Manto Maquinaria foron fundamentais para levarse a vitoria. O equipo soubo manter a súa intensidade durante todo o partido, tanto no aspecto físico como no xogo combinativo, deixando sen resposta ao rival.
Frase de César:
«Gran vitoria acompañada de un gran xogo. Hai que seguir así.»
O equipo lugués conseguiu facer historia, ao proclamarse matemáticamente campión de liga, un título que xa se adiviñaba desde hai varias xornadas. A tempada dos alevíns do Ribeira quedará marcada por un gran xogo colectivo e individual, que os levaron ao máis alto da clasificación.
A próxima xornada será un reto importante para o equipo, que xogará contra O Parrulo en Ferrol na penúltima xornada de liga, onde tratarán de seguir manténdose na súa racha imbatida.