Os lucenses rozaron a vitoria tras unha primeira parte excelente, pero a falta de acerto pasou factura no tramo final.
Alevín Preferente Masculina
O Parrulo FS – Ribeira FS Autocares Álvarez
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 4-3
Alineación: Iker, Luca Bande, Manu Murado, Martín, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Mauro Bande, Eric, Fabio Álvarez, Arthur
Goleadores: Manu Murado, Manu Murado, Pablo Rodríguez
Destacados da xornada: 1. Pablo Rodríguez, 2. Manu Murado, 3. Fabio Álvarez
Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez asinou unha primeira parte sobresaliente, cun plan moi claro desde o inicio: non encaixar cedo e estar moi sólidos atrás. O equipo estivo impecable a nivel defensivo, con repliegues rápidos tras perda e axudas constantes, e ademais mostrouse moi perigoso nas transicións ofensivas. Nunha desas contras, Manu Murado quedou só diante do porteiro e definiu á perfección para facer o 0-1. O gol deu aínda máis confianza ao equipo, que dispuxo de ata catro ou cinco ocasións clarísimas para ampliar a vantaxe, pero dous balóns ao largueiro e outros dous ao pau evitaron que o marcador fose máis amplo ao descanso.
Na segunda metade, o Ribeira mantivo a concentración defensiva, pero un despiste aos cinco minutos permitiu o empate a un do Parrulo nunha xogada individual. O equipo non se veu abaixo e seguiu competindo moi ben, resistindo as acometidas dun rival que subiu o ritmo, mentres as contras ribeirenses seguían xerando perigo. Mediado o segundo tempo chegou un golpe duro cun gol en propia porta que supuxo o 2-1, e a partir de aí entrouse nun intercambio de golpes no que o Parrulo estivo máis acertado. Co partido empatado a 3-3 e a menos de dous minutos para o final, unha nova acción individual do pívot local rematou cun balón que bateu no largueiro e entrou para o 4-3 definitivo. Aínda houbo tempo para un man a man que puido significar o empate, pero a fortuna desta vez non acompañou.
Clave do partido:
Non sentenciar o partido na primeira metade, na que se perdoaron moitas ocasións claras.
Frase de César:
“Hoxe a sorte foinos esquiva, pero competindo así imos gañar partidos.”