Os lucenses pechan o curso cun terceiro posto tras caer ante o BM Atlántico nun encontro sen presión competitiva.
O Juvenil Masculino do Millavén CP Lucense puxo fin á tempada cunha derrota diante do BM Atlántico nun partido no que ningún dos dous equipos se xogaba nada na clasificación. Ese contexto fixo que o encontro se disputase cun ritmo máis aberto e cun nivel de tensión menor ao habitual.
Na primeira metade, o Millavén mantívose dentro do partido e chegou ao descanso con 9-6, nun duelo no que os lucenses trataron de levar a iniciativa. Con todo, na segunda parte o conxunto visitante mostrouse máis acertado nas dúas áreas, logrando ampliar a súa vantaxe ata pechar o encontro no 15-23 definitivo.
No apartado ofensivo destacaron David, Rodrigo e Brayan, todos eles con 4 goles, mentres que André e Amir completaron o marcador lucense con 1 tanto cada un.
Malia a derrota, o equipo pecha a tempada cun balance positivo, finalizando no terceiro posto da clasificación, un resultado que recoñece o traballo realizado ao longo do curso.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín; Álvaro, Héctor, Adri, David (4), Hugo, Rodrigo (4), Xan, Brayan (4), André (1) e Amir (1).
Árbitros: Sara Gómez e Ángel Mateos.