Infantil Masculino | Línea21 22 – Millavén CP Lucense 28
Alineación: Martín, Rayan, Ernesto (10), Nuno (8), Breixo (4), Óscar (2), Víctor (2), Aryan (1), Hugo L. (1), Leo, Andrés, Dylan, David, Hugo F. e Nico.
Árbitro: Daniel González.
O Millavén CP Lucense Infantil Masculino sumou o seu segundo triunfo consecutivo da tempada, e o primeiro lonxe da Casa do Deporte, tras asinar unha gran actuación ante o Línea21.
O equipo lucense saíu á pista cunha clara intención de manter a súa liña ascendente, e axiña impuxo o seu ritmo tanto en ataque como en defensa, abrindo un parcial inicial de 2-8 que marcou o ton do encontro. Porén, o conxunto local reaccionou e conseguiu reducir a diferenza antes do descanso, chegando cun marcador axustado de 15-16.
Tras o paso polos vestiarios, o Millavén volveu demostrar a súa solidez. Cun traballo constante nas dúas áreas, os lucenses foron ampliando a súa vantaxe pouco a pouco ata sentenciar o partido co definitivo 22-28.
Na parcela ofensiva destacaron Ernesto, máximo goleador con 10 tantos, e Nuno, que achegou 8 goles fundamentais, acompañados polo bo labor colectivo dun equipo que segue crecendo xornada a xornada.