Connect with us

Balonmán

Millavén infantil masculino descolgou no tramo final ao Liceo

Un novo arreón decide un partido completo dos lucenses ante o Liceo La Paz.

O Infantil Masculino do Millavén CP Lucense sumou dous puntos merecidos diante do Liceo La Paz tras un encontro moi completo, no que os lucenses combinaron intensidade e acerto para levar o control do marcador durante boa parte do choque.

Desde o inicio, Millavén amosouse moi metido no partido, imprimindo un ritmo alto que lle permitiu tomar a dianteira e chegar ao descanso cunha vantaxe de 19-16. A primeira metade deixou ver un equipo sólido, capaz de manter a iniciativa ante un rival competitivo.

Na segunda parte, os lucenses comezaron con forza e conseguiron ampliar a renda ata os cinco goles, pero un breve tramo de desconexión permitiu ao Liceo achegarse ata os dous tantos. Lonxe de deixarse sorprender, Millavén reaccionou con personalidade, recuperando o control do encontro cun novo impulso que lle permitiu pechar o marcador no definitivo 32-28.

No apartado ofensivo destacou Óscar, máximo goleador con 11 tantos, acompañado por Ernesto (7) e por Breixo e Víctor, ambos con 5 goles, nun partido no que tamén sumaron Aryán (3) e Hugo L. (1).

Alineación do Millavén CP Lucense:
Rayan; Óscar (11), Nuno, Andrés, Breixo (5), Víctor (5), Aryán (3), Dylan, David, Hugo F., Hugo L. (1), Ernesto (7) e Nicolás.

Árbitros: Nicolás Núñez.

Patrocinio