Un triunfo coral ante o BM Culleredo permite aos lucenses seguir loitando polos postos de privilexio.
O Juvenil Masculino do Millavén CP Lucense volveu á senda do triunfo tras superar ao BM Culleredo nun encontro moi igualado e competitivo, no que ambos equipos pelexaron con intensidade por unha vitoria clave para manter opcións de cara á Final 4. O partido estivo marcado pola igualdade desde o inicio, con alternancias constantes no marcador.
Na primeira metade ningún dos dous conxuntos conseguiu abrir fenda. As vantaxes foron sempre mínimas, reflexo dun xogo equilibrado en ambas áreas, e o marcador ao descanso deixou patente esa tónica co 12-12.
Tras a reanudación, Millavén deu un paso adiante. Os lucenses melloraron o seu rendemento tanto en ataque como en defensa, o que lles permitiu distanciarse lixeiramente no marcador. Esa maior eficacia resultou decisiva para controlar os últimos minutos e conservar a vantaxe ata pechar o encontro no definitivo 24-22, desatando a alegría na bancada local.
No plano individual destacaron Lucas e Amir, ambos con 6 goles, liderando o ataque lucense. Tamén tiveron un papel importante Rodrigo (4), Adri e Brayan (3), nun triunfo baseado no traballo colectivo e na solidez do conxunto.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín; Lucas (6), Miguel, Álvaro, Adri (3), David (1), Adrián Feijoo (1), Hugo, Rodrigo (4), Xan, Brayan (3), André e Amir (6).
Árbitros: Nicolás Núñez e Jose López.