Millavén CP Lucense 30 – BM Viveiro 27 (19+11)
Árbitro: Nicolás Núñez
O conxunto infantil masculino do Millavén CP Lucense brindou á súa afección o primeiro triunfo da tempada, tras realizar un gran encontro no derbi provincial fronte ao BM Viveiro.
Alineación do Millavén CP Lucense: Martín, Rayan e Lucas; Óscar (5), Nuno (12), Leo, Andrés, Breixo (1), Víctor (1), Aryan (1), Dylan (1), David, Hugo F., Hugo L. (5), Ernesto (4) e Nico
Os xogadores do Millavén saltaron á pista coa clara intención de facer esquecer a imaxe da primeira xornada. Cun sólido traballo defensivo e un xogo moi ordenado, os lucenses lograron tomar vantaxe desde os primeiros minutos, chegando ao descanso cunha cómoda renda de sete goles (19-12).
Na segunda metade, o BM Viveiro tentou reaccionar e recortar distancias, pero o Millavén soubo xestionar o seu beneficio con intelixencia, mantendo sempre o control do marcador. A pesar da presión visitante, o equipo local non perdeu nunca a dianteira e acabou selando unha vitoria merecida por 30-27, que serve para reforzar a confianza do grupo e estrear o seu casilleiro de triunfos nesta nova campaña.