As lucenses dominan o encontro desde o inicio e suman o seu segundo triunfo consecutivo ante o Ribadosar.
O Infantil Feminino do Millavén CP Lucense continúa coa súa boa dinámica nesta segunda fase tras lograr unha vitoria clara na súa visita ao Ribadosar, nun partido no que o conxunto lucense mostrou seriedade e eficacia desde os primeiros minutos. A concentración inicial permitiulle a Millavén tomar rapidamente a dianteira no marcador e controlar o ritmo do xogo.
Xa na primeira metade, as lucenses impuxeron o seu xogo sen dar opcións ás locais, abrindo unha diferenza progresiva que se reflectiu no marcador ao descanso cun claro 7-15, oito goles de renda que deixaban o encontro moi encarrilado.
Na segunda parte, Millavén soubo xestionar á perfección a vantaxe acadada. Lonxe de relaxarse, o equipo mantivo a súa intensidade e incluso conseguiu ampliar a diferenza cun parcial de 9-10, levando o marcador ata o definitivo 16-25, certificando un triunfo sólido e moi traballado.
No apartado ofensivo destacou de novo Lola, máxima anotadora do encontro con 11 goles, ben acompañada por Lina, autora de 6 tantos. Tamén contribuíron ao marcador Aicha (3), Carlota (2), Natalia (2) e Iria (1), nun equipo que volveu amosar un notable equilibrio colectivo. Aldara defendeu a portería, mentres que Uxía, Jimena e Xiana completaron a convocatoria.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Aldara; Aicha (3), Lola (11), Lina (6), Carlota (2), Natalia (2), Uxía, Iria (1), Jimena e Xiana.
Árbitro: Brais Ledo.