Os lucenses resolven con autoridade e aseguran o pleno tras un último cuarto máis esixente.
O Alevín Mixto do Millavén CP Lucense sumou unha nova vitoria ao impoñerse ao BM Narón por 12-4, nun encontro no que os lucenses marcaron diferenzas desde os primeiros compases.
Millavén mostrou un xogo sólido e eficaz nos tres primeiros cuartos, nos que conseguiu dominar con claridade e encarrilar o partido grazas á súa intensidade e organización. Esa superioridade inicial permitiulle afrontar o tramo final cunha vantaxe cómoda.
No último cuarto, o Narón esixiu máis ao conxunto lucense, que tivo que empregarse a fondo para manter o nivel e asegurar tamén ese período, completando así o pleno de cuartos gañados e certificando unha vitoria clara.
O encontro deixou boas sensacións nun equipo que continúa medrando a través do xogo colectivo e da participación de todos os seus integrantes.
Alineación do Millavén CP Lucense:
Aldara, David, Mario, Sergio, Jairo, Carlota, Xiana e Aicha.