Connect with us

Balonmán

Millavén alevín mixto xa é campión do Grupo Norte

O Alevín Mixto do Millavén cumpre o obxectivo e pecha a tempada no máis alto.

O Alevín Mixto do Millavén CP Lucense puxo o broche á tempada cun triunfo clave ante o Liceo La Paz, unha vitoria que lle permitiu asegurar o primeiro posto do grupo Norte.

Os lucenses saíron moi concentrados, conscientes do que estaba en xogo, e resolveron con solvencia o primeiro cuarto. No segundo, os nervios e o cansazo apareceron, facendo que o encontro se equilibrase e que o Liceo estivese preto de darlle a volta á situación. Porén, unha reacción a tempo permitiu ao Millavén levarse tamén ese período e asegurar matematicamente o liderado.

Co obxectivo xa cumprido, os últimos cuartos xogáronse sen presión, e o equipo lucense volveu mostrar a súa superioridade para ampliar a vantaxe e pechar o encontro no definitivo 4-12.

Un triunfo que confirma o gran traballo realizado ao longo da tempada por un grupo que soubo competir con regularidade e rematar no máis alto da clasificación.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Valentina, Aldara, Carlota, Sergio, Mateo e Jairo.

Patrocinio