Connect with us

Balonmán

Millavén alevín lócese cun partido moi completo ante Culleredo

O cadro lucense dominou os catro cuartos e certificaron unha vitoria contundente ante o Culleredo

O equipo Alevín Mixto do Millavén CP Lucense sumou unha clara vitoria por 12-4 fronte ao BM Culleredo na Casa do Deporte, nun encontro no que o conxunto lucense se mostrou superior en cada un dos catro cuartos disputados.

O Millavén destacou pola súa solidariedade en pista, un xogo ordenado e unha defensa firme que limitou as opcións do rival. A participación activa de todo o plantel —Aldara, Sergio, Mario, David, Aicha, Xiana, Carlota e Jairo— permitiu ao equipo manter un ritmo constante e efectivo durante todo o partido.

O dominio lucense quedou reflectido no marcador final, resultado da boa actitude e da capacidade para controlar o encontro de principio a fin. Victoria convincente que reafirma o bo momento do conxunto alevín.

Advertisement