Preferente Alevín Femenina
Ribeira En Boas Máns – O Parrulo
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 0-6
Aliñación: Daniela Quijada, Cira Porto, Andrea López, Candela, Aldara
Banquiño: Martina, Yaisa, Alba, Claudia, Antia, Paula, María, Irene de La Santísima Trinidad
Destacadas da xornada:
- Daniela
- Antia
- Martina
Resumo 1ª parte:
A primeira parte foi un verdadeiro reto para o Ribeira, que se enfrontaba a un dos equipos máis fortes da categoría. O equipo rival, O Parrulo, levou o peso do partido e impúxose con varias chegadas perigosas, pero a portera Daniela Quijada foi a gran protagonista do primeiro tempo, realizando tres intervencións de moito mérito que evitaron que o marcador se desequilibrase aínda máis. A pesar da presión, as xogadoras do Ribeira mantiveron unha gran intensidade e traballaron de maneira exemplar en defensa, demostrando un gran espírito de equipo.
Resumo 2ª parte:
Na segunda metade, as lucanses continuoaron loitando e ofrecendo unha boa imaxe, pero o cansancio e a calidade do rival fixeron que o nivel competitivo baixase. O Parrulo impúxose con clareza, ampliando a súa vantaxe e deixando sen opcións ao equipo local. A pesar do resultado, as xogadoras de Ribeira non deixaron de pelexar polo balón e de demostrar unha actitude encomiable ao longo do partido.
Clave do partido:
Afrontar o encontro con ilusión e enerxía, facendo todo o que está ao noso alcance para mellorar e aprender como equipo.
Frase de Luna:
«O equipo deu un paso de xigante e hoxe demostraron que todas van ao mesmo obxectivo, que non é outro que ser equipo e aprender desfrutando.»
O próximo rival debería ser Amarelle, pero está retirado da competición, asi que o seguinte encontra será, coma locais, en duas semanas contra FSF Castro .