Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala suma unha nova vitoria ante Lago Sport na Preferente cadete masculina

O equipo Cadete Preferente impúxose cun marcador de 4-2 mostrando dominio e serenidade ante unha defensa pechada

Categoría: Cadete Preferente – Lugo Sala Acasti Reformas

Partido: Lugo Sala vs Lago Sport

Resultado ao descanso: 2-0

Resultado final: 4-2

Aliñación: Álvaro, Pepe, Gabri, Lucas, Antón

Banquiño: Mateo, João, Xoel, Alan

Goleadores: Antón x2, Gabri, Pepe

Destacados da xornada: Antón, Gabri, Mateo

Resumo 1ª parte:

Partido onde o rival tiña moi poucos efectivos e plantexou un partido cunha defensa moi pechada intentando provocar algún erro noso para xerar transicións. Conseguimos abrir o marcador cunha acción de balón parado e outra de ataque posicional, chegando ao descanso co 2-0.

Resumo 2ª parte:

Na segunda parte a tónica foi semellante, pero o rival conseguiu recurtar distancias cun tiro afastado. A pesar diso, seguimos dominando o ataque; grazas a dous goles seguidos aseguramos a vitoria, aínda que o rival anotou un gol preto do final.

Clave do partido:

Non perder a calma ante unha defensa moi pechada e aproveitar ben a actuación do porteiro rival.

Frase do adestrador:

Partido serio onde non nos puxemos nerviosos ante unha defensa moi pechada. Próximo rival: Troula Betanzos F.S

Advertisement