Un empate loitado ata o final nun partido de moita intensidade.
Xuvenil División de Honra Gr. 1
5 Coruña FS – Lugo Sala Acasti reformas
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 1-1
Alineación: Vila, Rión, Braisete, Iago N., Aitor
Banquillo: Adri, Yagolin, Rodrigo, Sanfiz, Dela
Goleadores: Iago N.
Destacados da xornada:
- Rión
- Adri
- Vila
Resumo do partido:
O encontro comezou con moita igualdade entre os dous equipos, cunhas defensas ben plantadas que evitaron que se concretaran as ocasións de gol. Lugo Sala demostrou a súa forza en balóns parados, pero foi o equipo local o que se adiantou tras un ataque posicional. Non tardaron os lugueses en reaccionar, empatando o partido cun gol tras varios rexeites no área rival. Na segunda parte, o xogo abriuse un pouco máis, con ocasións para ambos os dous conxuntos, pero foron os porteiros os que marcaron a diferenza, facendo paradas de gran mérito. Ningún dos equipos logrou romper a igualdade, malia que os dous probaron sorte co porteiro-xogador, sen acadar materializar ningunha das ocasións creadas. Mesmo os de Christian tiveron tres balóns roubados con porteiro-xogador, pero tampouco foron aproveitados.
Clave do partido: Non ser quen de dar o golpe definitivo e poñerse por diante no marcador.
Frase de Christian:
«Partido moi serio do equipo que consegue puntuar fóra de casa debido ao gran esforzo de todos.»
Próximo enfrentamento:
Agora, toca enfrontarse ao Ribeira FS, un derbi lucense na máxima categoría do fútbol sala xuvenil nacional. Un partido de moita rivalidade que os xogadores encaran con moita ilusión e gañas.