Connect with us

Fútbol Sala

Lugo Sala someteu a Betanzos na Preferente cadete masculina

Lugo Sala Acasti Reformas impuxo a súa autoridade no Pavillón Polideportivo do Palomar e sumou unha nova vitoria na División Cadete Preferente Masculina ao derrotar ao Troula Betanzos F.S. por 4-0. O encontro, correspondente á xornada 13, deixou claro o bo momento polo que atravesa o conxunto lucense, que ao finalizar a xornada se sitúa a tan só 2 puntos e cun partido menos que o líder O Parrulo, que perdeu en Burela.

ALINEACIÓN DO LUGO SALA ACASTI REFORMAS:

Vila, Yago, Álex, Sergio, Dela 

BANQUIÑO: 

Adri F., Varela, Martín, Brais, Adri S., Antón 

GOLES:

Álex , Dela , Antón , Brais

A primeira parte foi dominada en todo momento polo equipo local. Desde o pitido inicial, o equipo lucense mostrou unha defensa sólida, destacando en media pista, onde fixeron imposible que os xogadores de Betanzos xeraran perigo. Non permitiron practicamente ningunha ocasión de gol e, ao contrario, foron capaces de aproveitar as súas oportunidades en ataque. A estratexia de incorporar ao porteiro na circulación de balón foi clave para romper as liñas defensivas do rival, e con ela chegaron as vantaxes que foron culminadas polos goles de Álex (minuto 9), Dela (minuto 17), Antón (minuto 20) e Brais (minuto 24). O descanso chegou cun claro 4-0 no marcador e cunha sensación de total control do xogo por parte do equipo local.

Xa na segunda metade, co marcador tan favorable, o ritmo do partido baixou considerablemente. O Lugo Sala perdeu algo de intensidade ofensiva e non chegou a crear tantas ocasións de gol. A súa defensa continuou sendo sólida, pero sen apenas capacidade para levar a cabo novas chegadas ao área rival. O Troula Betanzos, pola súa banda, tampouco logrou cambiar o rumbo do encontro, e a vitoria local nunca se viu en perigo.

A chave do partido foi sen dúbida a seriedade e o traballo defensivo. O Lugo Sala demostrou que é un equipo ben traballado e que non permite luxos ao rival. A boa dinámica na primeira parte, cun gran nivel de concentración e competitividade, fixo que o equipo xogase a súa favor durante todo o encontro.

Os mellores xogadores do Lugo Sala foron todos os integrantes do equipo, que traballaron ao unísono e demostraron o bo nivel colectivo.

FRASE DO ADESTRADOR CHRISTIAN: 

«Partido moi serio na primeira parte, onde todos os xogadores competiron a un nivel moi alto.»

Na próxima xornada, o Lugo Sala Acasti Reformas descansará, antes de seguir na súa loita polo título.

Patrocinio